PREVISIÓN DE NOVA APERTURA DE INSCRICIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN
13 de Septiembre de 2013
Teñen previsto sacar o 31 de outubro a primeira xeración/actualización das novas listas para as
primeiras categorías que empezaron a funcionar co novo pacto e que xa levan funcionando preto dun ano.
Estaríamos a falar pois das seguintes categorías:
• Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía
• Técnico superior en hixiene bucodental
• Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico
• Técnico superior en imaxe para o diagnóstico clínico
• Técnico superior en radioterapia
• Persoal de servizos xerais (PSX)
• Grupo auxiliar da función administrativa
• Celador.
As persoas aspirantes que figuran xa inscritas non terán a obriga de formalizar unha nova inscrición.
PREVISIÓNS NOVA OPE E CONCURSO DE TRASLADOS DO SERGAS
Categorías sanitarias: convocatoria de traslados no último trimestre de 2013. Posteriormente
convocarían una OPE para o persoal de enfermería (DUE), coa restricción de prazas que impón a taxa de
reposición, sen descartar a convocatoria dalgunha categoría máis.
Categorías de xestión e servizos: pensan convocar concurso de traslados para estas categorías ao
longo do próximo ano 2014 ainda que non precisaron as datas.