LISTAS DE CONTRATACIÓN DO SERGAS
14 de Marzo de 2012

Resolución do 28 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
Por Resolución do 24 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para a inscrición nas listas para vinculacións temporais ás categorías seguintes do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade:
1. Grupo auxiliar da función administrativa.
2. Persoal de servizos xerais.
3. Celador/a.
Na dita resolución prevé unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 15.1.2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución, ben que por aplicación do disposto no artigo 48.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este prazo se ampliou ata a data do 16.1.2012.
A documentación correspondente á formación ou titulación esixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte a este anuncio, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido.
Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.
As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 16.1.2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120309/AnuncioG0003-020312-129...