SANIDADE: POSICIONAMIENTO ANTE O PROTOCOLO DE ACTIVIDADE
15 de Junio de 2011

Os médicos de Atención Primaria reunidos o día 14 de xuño no Colexio de Médicos, manifestamos a nosa disconformidade co Protocolo de Actividade do 201, negándonos a asinalo en base os seguintes puntos:


1.- Os criterios do CPV segundo a legalidade vixente deben ser negociados coas Centrais Sindicais previo a presentarse a Atención Primaria.

2.- Que ningún obxectivo pode ser excluinte, de forma que se non se cumple invalide os demáis.

3.- Que están baseados en criterios puramente economicistas, sen ter en conta criterios de calidade asistencial.

4.- Que atentan contra a libre prescricion, principio irrenunciable de calquera médico, penalizando por receitar determinados fármacos que o Sistema Nacional de Saúde e o propio SERGAS inclúe no seu catálogo de fármacos financiados.

Calquera medida que non permita que os usuarios do SERGAS poidan beneficiarse das novedades terapéuticas, que supostamente e polo feito de ter sido autorizadas pola Axencia Española de medicamentos e Productos Sanitarios tras demostrar claramente a súa eficacia médica, supón unha discriminación con respecto ó resto de usuarios do Sistema Nacional de Saúde Español.