Cadro de ofertas de prazas de celadores no CHUS
30 de Marzo de 2011


ACTO DE ELECCIÓN DE CELADORES NO CHUS (TRASLADOS E OPE)

O acto de elección de destino “provisional” no CHUS terá lugar hoxe, mércores 30 de marzo, ás 17:00 horas, na aula 2 do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Planta 0, Edificio A.
Achégovos para coñecemento dos interesados o listado de postos da categoría d

e CELADORES para a súa elección no acto de hoxe.

RECORDATORIO CESES E PRAZOS DE INCORPORACIÓN

CELADORES QUE SE TRASLADAN

Os ceses levaranse a cabo mañá, xoves, 31 de marzo.

Os prazos de incorporación (toma de posesión) son: tres días hábiles seguintes a aquel no que se formalizou o cesamento se as prazas son da mesma área de saúde, quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde, ou un mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

O prazo de toma de posesión e, no seu caso, o da prórroga, será retribuído, excepto cando a resolución do concurso de traslados implique o reingreso no servizo activo (incluída a excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares).

A antigüedade no novo centro de destino empezará a contar a partires do día en que se formalizou o cesamento no seu centro de orixe.

Os días de permiso (vacacións, LD’s…) que os traballadores teñan pendentes serán disfrutados nos novos centros de destino adxudicados.

CELADORES QUE APROBARON A OPE


A toma de posesión iniciarase o día 31 de marzo de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.