ÚLTIMA HORA: información OPE facilitada polo Sergas
22 de Marzo de 2011

NOVOS ACTOS DE ELECCIÓN DE DESTINOS

Achégovos as resolución que sairán publicadas próximamente no DOG, nas que se recollen as relacións de prazas ofertadas e as datas do acto de elección de destino para as seguintes categorías:

Sábado 26 de marzo, pola mañá (consultar horarios na resolución), acto de elección de destinos para os licenciados sanitarios de atención primaria:

Ø Médicos de familia
Ø Pediatras
Ø Farmacéuticos
Ø Odontólogos

Sábado 26 de marzo, pola tarde (consultar horarios na resolución), acto de elección de destino para os:

Ø Técnicos en cuidados auxiliares de enfermaría (TCAE)


NOVAS DA OPE PARA OS PSX

Achégovos tamén nun arquivo adxunto, as prazas de PSX que o Sergas ten previsto ofertar aos que acadaron praza na OPE. Quedaron en concretar próximamente a data do acto de elección de destino do que se vos informará con antelación.