I Xornada Autonómica de Igualdade
-Santiago acollerá mañá martes a primeira edición desta xornada de formación para delegados e delegadas
-Os relatarios abordarán asuntos como a Igualdade Laboral, o Acoso ous os Plans de Igualdade
16 de Octubre de 2023

A Secretaría de Igualdade de CSIF Galicia celebrará mañá martes en Santiago a I Xornada Autonómica de Igualdade, enfocada nesta primeira edición nos "Plans de Igualdade e medidas que fomenten a igualdade de xénero no diálogo social e na negociación colectiva".

Trátase dunha actividade dirixida a delegados e delegadas sindicais da CSIF que nace con vocación de continuidade e que ten como obxecto dotar das ferramentas necesarias aos compañeiros e compañeiras para desenvolver a súa acción sindical dende a perspectiva de xénero.

A Xornada -con carácter eminentemente formativo- comezará ás 09.00 H coa intervención da secreataria de Igualdade de CSIF Galicia, Ana García Campos, que falará sobre estereotipos para demostrar que a "Igualdade é a palabra que fai que o planeta encaixe".

A continuación, o programa inclúe os seguintes relatorios:

Igualdade Laboral, a cargo de Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora Xeral de Relacións Laborais.

Actualizándonos, exposición que fará Raquel Malvárez García, licenciada en Psicoloxía.

Acoso Laboral. Plan de Igualdade, tema que desenvolverá Raquel Bernárdez, licenciada en Historia

"Hay una pelea, la chica policía que no salga", é o enfoque co que intervirá Noelia Pago Delatorre, inspectora de Policía e xefa de persoal. Representante de Igualdade e dereitos humáns da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

A Xornada concluirá cunha mesa redonda entre as participantes moderada pola xornalista María Val.