Novas de Función Pública: Procesos selectivos, eleccións de destino, concurso de traslados e outras

24 de mayo de 2022

Información de Función Pública facilitada no día de hoxe polo Director Xeral na Comisión de Persoal

Na Comisión de Persoal celebrada hoxe, 24/05/2022, entre outros aspectos podemos destacar as seguintes informacións:

  • Apróbanse os Criterios de Aplicación da Lei 20/21 no ámbito da Xunta de Galicia e a oferta de emprego público extraordinaria, co voto en contra do CSIF
  • Apróbase a oferta de emprego público da Lei 17 (Persoal da Consellería de Sanidae), co voto en contra do CSIF

O día 27 de maio publicaranse no DOG as resolución dos procesos de elección de destino dos procesos de promoción interna e acceso libre derivados da OPE 2017. Os prazos posesorios se abrirán o luns  6 de xuño.

O día 27 de maio publicaranse na páxina web da DXFP os resultados da baremación dos procesos selectivos dimanantes da OPE 17/18 de estabilización da quenda de PROMOCIÓN INTERNA.

O día 6 de xuño produciranse os cesamentos derivados da resolución do concurso de traslados, abríndose os prazos posesorios ao día seguinte

A previsión de exames nos procesos selectivos convocados do persoal de Lei 17 non se prevé antes do mes de setembro do 2022.

 

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade da información facilitada polo director de Función Pública. Nin moito menos do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF simplemente transmite a información para o coñecemento dos e das traballadores afectados e demais persoas interesadas.

COMPARTIR