Acción Social / Descontos en carburante para afiliados da CSIF
11 de Marzo de 2022

CSIF recorda aos seus afiliados que poden desfrutar de descontos interesantes en cada unha das repostaxes de combustible.

Ante a abrupta escalada dos prezos de combustible, dende a CSIF recordamos a todos os nosos afiliados que teñen dereito a interesantes descontos en todo tipo de carburante para vehículos a motor.

Aqueles afiliados que aínda non tramitasen a súas tarxetas de desconto poden poñerse con contacto coa súa Unión Provincial.

Así mesmo, aqueles traballadores que desexen beneficiarse destes descontos, poden tramitar a súa afiliación directamente a través dos seus delegados sindicais, ou a través das diferentes Unións Provinciais da CSIF en Galicia.

Para beneficiarte dos descontos, tes que presentar a tarxeta de carburante da CSIF, válida en toda a rede de estacións de servizo das seguintes compañías:

GALP

CEPSA

SBC (A Coruña, Santiago, Ribeira, Narón, A Estrada, Cambados e Tui).

REPSOL

BP

* Para máis informaión e/ou a súa tramitación contacta con: vicesecretaria77@csfi.es (Os datos necesarios son: DNI + Matrícula Coche + Tipo carburante + Enderezo postal)

Ademais, como afiliado da CSIF podes beneficiarte de todas as ofertas e promocións que, en diversos ámbitos, ofrecemos aos nosos afiliados a través da Acción Social.

Consulta aquí a Acción Social da CSIF