Actividades formativas da EGAP 2020
Na relación seguinte saen as publicacións de distintas convocatorias de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector autonómico e da Administración institucional, do persoal da Administración de Xustiza así como do persoal das Universidades galegas.
18 de Junio de 2020
  1. Resolución do 23 de xuño de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. (DOG, 3 de xuño)

CONVOCATORIAS ANTERIORES

  1. Resolución do 24 de marzo de 2020 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  2. Resolución do 24 de marzo de 2020 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  3. Resolución do 9 de marzo de 2020 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Resolución do 10 de marzo de 2020 pola que se convocan cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
  5. Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
  6. Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
  7. Resolución do 15 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  8. Resolución do 14 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
  9. Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  10. Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2020.