Medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID19
Medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Resolución do 12 de xuño de 2020,da S.X.T. da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, publicada no Diario oficial de Galicia do 13 de xuño de 2020
Modificación do Acordo do 12 de xuño de 2020, publicado no DOG de 28_06_2020
16 de Junio de 2020

O obxecto do presente acordo é establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.

Ámbito de aplicación e alcance. As medidas previstas no presente acordo, que se incorporan como anexo, serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

As ditas medidas enténdense dentro do necesario respecto ás competencias doutras administracións públicas e ás medidas que, no exercicio de tales competencias, estas adopten.

Restablecemento de determinadas actividades suspendidas

Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza:

a) Os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.

b) Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da apertura das terrazas ao aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.

c) As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras.

Para máis información preme aquí

MODIFICACIÓN DO ACORDO DO 12 DE XUÑO DE 2020 - DOG, 28 DE XUÑO DE 2020

Modificación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

Para máis información preme aquí