Curso en prevención de riscos laborais froito do afrontamento da comunicación violenta nas redes sociais e a xestión de conflitos derivados. Versión 2.0.
As actividades formativas son realizadas por CSIF Galicia co financiamento da Xunta de Galicia a través da Orde que regula as acción de fomento da prevención de riscos laborais.

Todas as accións formativas son presenciais e terán un aforo limitado de alumnado. A selección realizarase segundo criterios obxectivos.
20 de Septiembre de 2019
  • QUE FACER CANDO ME GRAVA CO VIL UN COMPAÑEIRO DE TRABALLO, O XEFE OU UN ALUMNO?

  • QUE PASA CANDO ME INSULTAN OU ME DENIGRAN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS?

  • PÓDESE PROHIBIR O TELÉFONO MOVIL NO TRABALLO?

  • EXISTEN DELITOS FROITO DO USO DAS REDES SOCIAIS NO ÁMBITO LABORAL?

  • COMO PODO PROCEDER ANTE O CYBER-ACOSO LABORAL?

  • CALES SON OS MEUS DEREITOS DE CARÁCTER DIXITAL?

EDICIÓNS

EDICIÓN

ENDEREZO

DATAS

HORARIO

Lugo

Unión Provincial CSIF Lugo

Rúa Conde, 2, baixo posterior

27003 Lugo

16 (luns) e 17 (martes) de outubro

L-M: 16.30 h a 21.30 h

Ourense

Consultoría y Formación Progreso

Rúa Progreso, 141, baixo

32002 Ourense

23 (mércores) e 24 (xoves) de outubro

M-X: 16.30 h a 21.30 h

Santiago de Compostela

CSIF Galicia

Rúa Valiño, 65, baixo

15707 Santiago de Compostela

18 (Vernes) e 19 (sábado) de outubro.

V:16.00 h a 21.00 h

S:09.00 h a 14.00 h

PROCEDENTO DE INSCRICIÓN:

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa deben remitir a súa solicitude ao seguinte enderezo electrónico: formacion@csif.gal, indicando no asunto o texto “PRL Redes Sociais máis a edición que corresponda” e no corpo da mensaxe os seus datos persoais (DNI, apelidos e nome, profesión e centro de traballo xunto co seu enderezo electrónico e teléfono de contacto)

NOTA: Respecto do persoal docente, está prevista a homologación da referida actividade formativa pola Consellería de Educación.

SINOPSE: Vivimos nunha Sociedade Dixital, no que se fai moi difícil diferenciar entre tempo de traballo e tempo de lecer. As nosas comunicacións non son só cara a cara, senón que cada día máis o son tamén en contornas dixitais. Non obstante, o emprego das novas tecnoloxías tamén traen consigo a aparición de novos riscos, tales como o incremento de novas fórmulas de violencia e acoso laboral baseada no uso das TICs e as redes sociais.

Neste contexto, parece imprescindible capacitar aos traballadores e traballadoras para que dispoñan dunhas pautas ou protocolos de marcado carácter práctico que lle permitan prever, detectar, actuar e xestionar estes graves riscos laborais de carácter psicosocial, así como establecer e fomentar hábitos sociais saudables no manexo das TICs.

Por tal motivo, dende CSI•F convidámoste a participar nesta actividade formativa, de marcado carácter técnico-práctico, destinada ós traballadores e traballadoras dos diversos sectores produtivos de Galicia, polos que, pola súa dedicación e actividade profesional, poidan sufrir accións de violencia ou acoso laboral derivado do uso das novas tecnoloxías da información ou as redes sociais, tales como profesores, mestres, educadores, etc.