Nota informativa da reunión coa Dirección Xeral de Función Pública 26/10/2018
29 de Octubre de 2018

NOTA INFORMATIVA DA REUNIÓN COA DIRECCION XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA 26-X-2018.

  • I) LEI DE ORZAMENTOS E MEDIDAS ADMINISTRATIVAS 2019
  • II) DECRETO DE MOBILIDADE DO PERSOAL FUNCIONARIO
  • III) CARRERA PROFESIONA
  • IV) MODIFICACIÓN DO DECRETO 37/2006
  • V) PROPOSTA DE POSTOS DE PERSOAL LABORAL A FUNCIONARIZAR, MANTER OU EXTINGUIR.

I) LEI ORZAMENTOS E DE MEDIDAS ADMINISTRATIVAS PARA O ANO 2019

A pesares de que polo Consello da Xunta xa foi remito ao Parlamento de Galicia a proposta da Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2019, así como a proposta da Lei de Medidas onde se contemplan modificacións á Lei de Emprego Público de Galicia, Función Pública abriu unha mesa de negociación coas OO.SS para facer propostas de modificación a través de emendas parlamentarias.

En este punto, CSIF volveu a insistir nas alegacións xa presentadas no seu día na Mesa Xeral de Empregados Públicos do pasado 18 de outubro de 2018. Pola súa parte a Consellería de Facenda, representada pola Dirección Xeral de Función Pública, négase en rotundo a:

a) Derrogación da Lei 2/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público. É dicir, mantense polo tanto:

  • i) Restitución dos 7.000.000 de euros do Fondo de Acción Social.
  • ii) Restitución dos tres días de libre disposicións que existían en Galicia a maiores do Estado en compensación por subidas salariais non efectuadas.
  • iii) Levantamento da suspensión dos artigos 19, 29, 34.2 do V Convenio Colectivo e 3.3.8 do acordo do SPDCIF.
  • iv) Á devolución das cantidades requisadas en concepto de complemento específico ou equivalente das pagas extraordinarias durante o período 2013-2016.
  • v) Ao establecemento dun plan de recuperación do poder adquisitivo para a equiparación do salario dos empregados públicos galego ao conxunto do resto das Comunidades Autónomas e mesmo coas demais Administracións Públicas galegas (Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo, Universidades e Concellos galegos).
  • vi) Restitución de Acordos, pactos e convenios suspendidos e anulados.
  • vii) Revogación da limitación establecida con carácter xeral da cobertura temporal de postos de traballo por persoal interino ou temporal.
  • viii) Retirar a interinización forzosa do persoal laboral temporal así como as medidas de funcionarización impostas unilateralmente a través da Lei de medidas administrativas do ano 2017.

Con respecto á incorporación de medidas de conciliación da vida laboral e familiar contidas no II Acordo do emprego público, asinado polo goberno de España con CSIF, a Consellería de Facenda non rexeita a súa contemplación, especialmente no establecemento dun sistema especifico de xornada continúa nos casos de coidado de fillos menores de 12 anos ou discapacitados.

A Dirección Xeral de Función Público estableceu un novo prazo para formular alegacións por parte das OO.SS ata o día 6 de novembro de 2018.

II) DECRETO DE MOBILIDADE DO PERSOAL FUNCIONARIO.

A Dirección Xeral de Función Pública presentou un novo documento onde se recollen algunhas das aportacións formuladas por CSIF, e establece un novo prazo para formular novas alegacións ata o día 8 de novembro de 2018.

A Dirección Xeral de Función Público estableceu un novo prazo para formular alegacións por parte das OO.SS ata o día 8 de novembro de 2018.

III) CARREIRA PROFESIONAL DOS EMPREGADOS PUBLICOS DA ADMINISTRACIÓN XERAL.

CSIF volveu a defender a súa postura:

  • a) A carreira profesional ten que afectar a todos os empregados públicos (persoal funcionario de carreira e interino e persoal laboral fixo e temporal). E ten que ser negociada para cada colectivo no seu correspondente ámbito: Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios no caso dos funcionarios e Comité Intercentros no caso do persoal laboral).
  • b) A carreira profesional do persoal laboral non pode estar condicionada nin coaccionada polo compromiso de funcionarización.
  • c) Sistema encadramento excepcional con redución tanto dos prazos de ingreso en cada grao como de percepción dos importes asignados a cada grao.

Como queira que os novos sistema retributivos contemplando na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia está aínda sen desenvolver, a Consellería de Facenda propón a través da Lei de Medidas un sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, complementario ao grao persoal.

A Dirección Xeral de Función Público estableceu un novo prazo para formular alegacións por parte das OO.SS ata o día 6 de novembro de 2018.

IV) MODIFICACIÓN DO DECRETO 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Lonxe de proceder á modificación total do Decreto 37/2006, tal como ven solicitando CSIF dende a Consellería de Facenda propón unha modificación puntual do mesmo para dar cabida ao persoal procedente de SEAGA puntuando o tempo de servizos prestados en dito ente instrumental igual que o tempo de servizos prestados en concellos e mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Función Público estableceu un novo prazo para formular alegacións por parte das OO.SS ata o día 6 de novembro de 2018.

V) PROPOSTA DE CATEGORÍAS DE PERSOAL LABORAL A FUNCIONARIZAR, A MANTER, A SUPRIMIR OU EXTINGUIR.

A Dirección Xeral de Función Pública entrega un estadillo coas categorías de persoal laboral susceptibles de funcionarizar, as que pretende manter como persoal ou as que pretende extinguir. Todo elo sen máis explicacións.

A Dirección Xeral de Función Público estableceu un novo prazo para formular alegacións por parte das OO.SS ata o día 12 de novembro de 2018.

NOTA IMPORTANTE: Toda a documentación facilitada na reunión do día 26 entre a DXFP e as OO.SS está dispoñible nos seguintes enlaces: