Os traballadores do Hostal dos Reis Católicos reclaman un convenio digno e a recuperación das condicións perdidas
08 de Mayo de 2018

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, manifestouse na Cidade da Cultura, con motivo da presenza ese día da presidenta de Paradores de Turismo, Angeles Alarcó, co fin de reivindicar unha negociación real e a firma dun convenio digno xa que o actual leva oito anos caducado.

O Comité do parador compostelán acudiu a esta concentración farto de reivindicar desde hai tempo a necesidade de que se recuperen as condicións e dereitos que tiñan os traballadores antes do ERE, no que se despediron a 13 persoas, e lembra que ese ERE foi innecesario xa que o Hostal é o parador da rede estatal que máis beneficios aporta. Por iso, insiste en que se restablezan de xeito inmediato as condicións económicas e sociais como son a actualización salarial ou os días de asuntos propios.

Para o Comité de Empresa, a negativa de Paradores de Turismo a negociar supón que se manteñan ano tras ano os acordos dun más que discutible ERE co que se sufríu, ademais de despidos, reducións de xornadas laborais, especialmente no departamento de camareiras de piso, o máis castigado pola regulación de emprego xa que se externalizou o servizo que estas desempeñaban. É mais, os sindicatos denuncia a brecha salarial das camareiras de piso, que cobran menos que os seus compañeiros camareiros de restaurante xa que, inxustamente, teñen una categoría inferior.

Así mesmo, esixen que se termine coas desigualdades entre traballadores da mesma categoría e nivel profesional e que se iguale a prima de producción co resto de empregados da rede de Paradores xa que cobran a metade aínda que, insisten, o de Santiago é o parador que máis beneficios xera.

En resumo, reclaman:

  1. Negociación real e firma dun convenio digno (caducado dende fai 8 anos). A empresa non lle interesa posto que así os acordos dun máis que discutible ERE seguen vixentes.
  2. Recuperación inmediata de todas as condicións das que dispoñíamos antes do dito ERE, tanto económicas coma sociais (actualización salarial, IT, días de asuntos propios,etc..).
  3. Igualar a prima de producción co resto da rede de Paradores, posto que o Hostal dos RRCC é o parador que maís beneficio da e temos a metade de paga de producción.
  4. Compensar a todo o personal do Hostal polo agravio cometido polo dito ERE. Este parador nunca deu perdas, o contrario, e sufrimos os despidos de 13 compañeir@s, asi coma a reducción da xornada laboral de moito personal, sobre todo no departamento de camareras de pisos,o cal foi o máis castigado pola regularización de empleo e que dende o minuto un do ERE se externalizou o servicio que éstas desempeñaban.
  5. 5-Reducir a brecha salarial, así coma as desigualdades entre traballadores da mesma categoría e nivel.