Inscrición nas actividades formativas da EGAP 2018
15 de Febrero de 2018

No DOG de hoxe, 14 de febreiro, sae publicada a convocatoria de 171 actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector autonómico e da Administración institucional.

O prazo para solicitar as actividades formativas comeza ás 8.00 horas do 15 de febreiro e remata as 23.55 horas do 26 de febreiro de 2018.

A inscrición, nun máximo de 5 accións formativas, realizarase de maneira telemática no formulario de matrícula da páxina web da EGAP

Se tedes algunha dúbida consultade co voso/a delegado/a sindical.