Formación para os Axentes Forestais e Medioambientais durante 2018
Cursos a impartir no primeiro semestre do 2018.
31 de Enero de 2018

Resumo da reunión mantida o día 31 de xaneiro entre as OOSS e o Director Xeral de Emerxencias con motivo da formación para os Axentes Forestais/Medioambientais durante o ano 2018.

Inicia a reunión o Director Xeral indicando que mañán se aprobará a formación no Consello Reitor da AGASP.

Cursos a impartir no primeiro semestre do 2018.

Específicos para axentes:

  • Curso sobre leis de caza e pesca. Destinatarios, preferentemente axentes de CMAOT. Solicitamos que se substitúa esta curso polo de ‘Técnicas forenses criminalística e policía científica aplicadas á investigación de delitos contra a fauna salvaxe’.
  • Redacción de dilixencias, actas e informes.
  • Defensa verbal e resolución de conflitos no ámbito forestal.
  • Condución de vehículos todo terreo.

Abren a convocatoria para participar axentes nos seguintes cursos:

  • Xornada formativa para o control da Vespa asiática.
  • Apoio psicolóxico e manexo de estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe (estudarán a posibilidade de facelo específico para axentes)
  • Caza e pesca con especial referencia a furtivismo (conxunto ca policía local). Solicitamos que se refundise co curso de caza e pesca.

Os citerios comúns de selección son por orde de inscrición e do 60% para axentes de MR e do 40% para os de CMAOT, salvo os cursos específicos de medio ambiente que terán preferencia os axentes de dita Consellería .

Cursos a realizar na EGAP:

  • Aplicación de sistemas de información xeográfica ARCGIS.
  • Manexo de técnicas de dispositivos de orientación básica.
  • Control sobre o terreo de axudas forestais.
  • Formación en inspección de sanidade vexetal.

Cursos pendentes de orzamento da Consellería de Medio Rural:

  • Dirección de grandes lumes.
  • Investigación de incendios forestais.
  • O papel do axente medioambiental coma axente da autoridade.

Este é un bo inicio na demanda formativa que levamos pedindo dende fai tantos anos, pero o obxectivo é a definición dun plano ou itinerario formativo estable planificado e orzamentado.

Asistentes á reunión:

Por parte da administración:
-Director Xeral de Emerxencias.
-Subdirector Xeral de Emerxencias.
-Xefe de Servizo de Formación.
-Xefa de Sección de Formación.
-Xefe de Servizo de Coordinación da Consellería de Medio Rural. -Xefe do Servizo Xurídico da CMAOT.

-Representantes das catro OOSS.