Reunión con Función Pública sobre o concurso de traslados dos Corpos Xerais de Funcionarios
26 de Octubre de 2017

O día 25 de outubro, fomos convocados a unha reunión coa dirección xeral da Función Pública para continuar coas negociacións sobre, entre outros temas, a súa proposta de baremo común que, a partires da súa aprobación, rexerá para todo os concursos de Traslados nos Corpos Xerais de Funcionarios da Xunta de Galicia.

Segundo a administración todo co obxectivo de reducir tempos de resolución, simplificar os concursos e permitir unhas adxudicacións mais “xustas”.

Unha vez coñecido o texto do Baremo, dende desta organización sindical, se efectuaron as seguintes alegacións ao mesmo.

I ALEGACIÓNS XERAIS.

Nun primeiro momento entendese que estándose a tramitar e pendente de aprobación o Decreto de Provisión de Postos, que substitúa o xa obsoleto Decreto do ano 91, sería máis razoable negociar este baremo co novo Decreto xa publicado no DOG. Non obstante e dado que dende a dirección xeral non se garante que este Decreto poida estar publicado nun prazo razoable (se poñen como exemplos algúns Decretos cuxa tramitación prolongouse por un prazo superior aos 3 anos), e ante alternativa de estar paralizados por ese tempo, non queda outra opción que negociar o texto deste xeito incompleto.

Como punto de partida, dende o CSIF esiximos que o texto sexa de aplicación a tódolos Corpos Xerais, sen exclusión de Escalas nin de Corpos Especiais, como pretende Función Pública.

II ALEGACIÓNS CONCRETAS AO BAREMO.

1º.- Antigüidade

Fronte a proposta da administración de puntuala ate un máximo de 5 puntos, CSI F propón a elevación da puntuación deste apartado ate como mínimo de 6.5 puntos.

A administración xa recolleu a inicial alegación do CSIF de puntuar este apartado por meses en lugar de por semestres como acontecía ata o de agora. A puntuación proposta pola Administración de 0,0125 puntos por mes, debe ser elevada a 0.002 por mes conforme a nosa proposta.

Esta base debe ser potenciada por ser a mais obxectiva, e a que permite unha maior homoxeneidade para a obtención da puntuación a acadar, con independencia do centro directivo ou localidade onde o funcionario teña desenvolvido a súa carreira profesional.

2º Méritos Específicos.

CSIF propón a desaparición da puntuación desta Base toda vez que os méritos nela descritos xa forman parte dos requisitos para o desempeño do posto e que o computo dos mesmos suporía establecer postos de traballo para perfís profesionais concretos.

Con respecto á vinculación ás Areas funcionais, entendemos que supón unha limitación arbitraria á carreira profesional e mobilidade dos funcionarios. Compre destacar que a pertenza a unha Area funcional concreta, podería implicar a igualdade de tempo traballado case que a tripla da puntuación con respecto a outro funcionario que non pertenza a dita Area funcional, polo que o efecto “Departamentos Estancos” se dispararía na Administración.

3º Grao Persoal.

Coa proposta da Administración de premiar o Grao persoal dende o nivel 10, estase a producir unha disfunción neste apartado dependendo do Subgrupo profesional dende o que se parte. Se a pretensión deste apartado é valorar a adquisición dun maior grao persoal, resulta necesario partir de asignar unha puntuación mínima referida ao nivel mínimo de cada Grupo ou Subgrupo e unha puntuación similar por cada grao consolidado. O contrario sería inxusto ao penalizar a un funcionario por razón do subgrupo profesional, cando xa existe outra base de puntuación que valora esta cuestión.

4º.- Traballo desenvolvido.

A administración presenta unha formula matemática aberta, que sendo susceptible de mellora permite acadar uns mellores resultados para valorar estes méritos, ao ser mais obxectiva a ter en conta dúas variables como son os niveis de postos desempeñados ao logo da carreira profesional e o tempo en cada un deles.

Pola contra non podemos aceptar que compute o tempo prestado en Comisión de Servizos, excepción feita de Comisións de Servizos de carácter forzoso ou por imperativo legal, as adscricións provisionais.

Igualmente solicitamos que se aumente a puntuación polo tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo dente os 0.0125 actuais ata os 0.0175

5 Formación.

Aínda que a Administración elevou o prazo de “caducidade” dos Cursos dende os dous ata os oito anos, amosámonos en contra da caducidade da formación. A formación, é un mérito imprescritible, como o é o acadar certa titulación ou superar un proceso selectivo de oposicións.

En canto aos cursos a valorar, solicitamos que se inclúan tamén os Cursos “homologados” polas entidades que imparten ou organizan formación valorable

Se a entidade “homologa” dito curso, sería un contrasentido co propio teor literal da homologación que un Curso puntúe e outro non o faga.

Solicitamos tamén, que neste apartado se inclúan os seguintes dous subapartados, cunha puntuación específica para:

  • Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática.
  • Titulación académica de igual nivel ou superior que non fose acreditada como requisito de acceso ao posto.

Solicitamos, por último, que pese a que a Administración reduciu de 20 a 12 horas lectivas, todos os cursos sexan computables dende as 10 horas.