- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
Xuntanza (25/10/2017) con Función Pública para abordar, entre outros temas, o baremo do Concurso de Traslados do Persoal Laboral da Xunta de Galicia.
O respecto da proposta da Xunta, CSIF mantivo a mesma postura que na pasada reunión:
A.- Esiximos a presentación das bases completas do concurso, non só do baremo.
Consideramos que, para unha negociación real e efectiva, debemos dispor das bases completas correspondentes a este proceso de provisión, pois o contrario supón facer achegas a unhas condicións que en última instancia se descoñecen. Neste senso e a modo de exemplo, descoñécese en canto ao cambio de categoría se a valoración da experiencia vai a computar dende a categoría da que se concursa ou da categoría á que se opta, o que evidentemente ten unha enorme repercusión respecto dos baremos propostos.
Neste senso, e máis importante aínda, é determinar se no concurso van ter preferencia para optar a prazas da súa categoría o persoal laboral desa mesma categoría fronte ós que opten dende unha categoría distinta dentro do mesmo grupo. A CSIF aposta polo establecemento dunha preferenciaen favor dos laborais da propia categoría.
B.-No que respecta o baremo, e en relación aos cursos:
C.- En canto ao apartado que establece os méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo, solicitamos a supresión de todo este apartado, toda vez que os méritos que se priman son en realidade uns requisitos, experiencia ou especialidades esixibles á confección discrecional dun determinado posto de traballo . Do mesmo xeito e en consecuencia, solicitamos que a puntuación resultante deste apartado se redistribúa nos novos subapartados de formación e perfeccionamento indicados con anterioridade e no apartado da antigüidade, dándolle un maior peso porcentual a este último apartado (antigüidade).
Na súa intervención, dende a Dirección Xeral da Función Pública recoñecen a necesidade de contar coas bases completas para poder avanzar na negociación e anuncian que entre novembro e decembro remitirán as bases do concurso de traslados dos grupos IV e V (1). Tamén informan que a agrupación de categorías do grupo V será similar á do pasado concurso, no que xa houbera cambio de categoría, pero hai que abordar e determinar ditas agrupacións para o grupo IV.
Tamén informan da súa pretensión de chegar a acordo para eliminar do concurso aquelas categorías nos que no quedan traballadores e aquelas outras nos quedan poucos (dez ou menos)…é a súa pretensión, pero dende logo dificilmente estaremos de acordo con restrinxir o dereito a concursar a ningún traballador, sexan poucos o moitos.
En definitiva e a modo de resume, reiteramos a nosa solicitude de que se nos faciliten as BASES COMPLETAS que rexerán o concurso de traslados do persoal laboral, coa finalidade de poder presentar unhas alegacións concretas e específicas á totalidade do proceso.
(1) CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública.