- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DE EMPREGADOS PÚBLICOS (EXTRAORDINARIA)
01 DE DECEMBRO DE 2016
Últimas novas aportadas hoxe por Función Pública na Mesa Xeral (extraordinaria) de Negociación de Empregados Públicos:
Procesos selectivos PROMOCIÓN INTERNA:
Procesos selectivos ACCESO LIBRE:
En todo caso, dende Función Pública pretenden que estes procesos estean pechados en xaneiro ou febreiro do próximo ano.
Dende a CSI•F preguntamos pola petición de días de asuntos propios nos centros dependentes da Consellería de Política Social, por unha parte, rexeitamos que os traballadores destes centros teñan dereito a un número de asuntos propios inferior ao do resto do persoal da Xunta de Galicia. E por outra, preguntamos ao respecto da petición dos días de asunto propios e vacacións en papel, xa que na maioría destes centros os traballadores non teñen acceso ao PORTAX. O director xeral de Función Pública comprometeuse a estudiar o tema do PORTAX.
Polo que se refire ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entendemos que debe procurarse aos traballadores unha solución para os días de asuntos propios que pediron “de máis” seguindo as instruccións do propio Consorcio, porque de ningunha forma se pode perxudicar a estes traballadores que seguiron as instrucción “da empresa”. Polo que respecta á negociación das categorías do Consorcio, dende a CSI•F esiximos que se convoque ao Comité Intercentros, que é o lexitimado para a negociación neste caso.
Concurso de traslados do persoal laboral: estase a traballar na modificación das bases de carácter xeral para todos os concursos, modificacións que está previsto que estean en xaneiro, pero o director xeral de Función Pública recoñece que este concurso é absolutamente prioritario.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016.