CSI-F impartirá para os traballadores e traballadoras dos diferentes sectores produtivos de Galicia cursos homologados pola Egap para actuar ante casos de violencia laboral física, adicións no traballo e emerxencias
24 de Agosto de 2016

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) impartirá en setembro e outubro cursos homologados pola EGAP nas catro provincias galegas co obxectivo de mellorar a formación en PRL aos traballadores e traballadoras dos diferentes sectores produtivos de Galicia e empregados públicos. As referidas actividades contan co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 29 de decembro de 2015 de axudas destinadas a accións de fomento de PRL na Comunidade Autónoma para o ano 2016. A convocatoria destes cursos saíu publicada no DOG nº154 do 17-08-2016 e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 8 de setembro.

Os cursos programados son os seguintes:

- Defensa persoal profesional para traballadores/as ante situacións de violencia laboral física.

- Prevención de riscos laborais derivadas das adicións no traballo.

- Práctica preventiva para a actuación en plans de evacuacións, emerxencias e primeiros auxilios.

PREME NESTE ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN COMPLETA (localidades, horario, obxectivos, etc)

Información abreviada para a presentación de solicitudes:

O prazo para solicitar a inscrición nestes cursos remata o 8 de setembro.

As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación e ata as 23.55 horas da data de finalización.

As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 546 257, 981 546 254, 981 546 335 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es.