Acordo para as persoas integrantes das listas en postos non vacantes e con permiso por parto
30 de Junio de 2016

En aplicación do acordo adoptado na reunión da Comisión permanente do 25 de abril, recollido no apartado oitavo da acta número 103, sobre a elaboración dun texto que recollese a decisión da Comisión de que as persoas interesadas non perdan a opción de mellora por non acudir a unha citación mentres estean de permiso de parto, proponse e apróbase por unanimidade a seguinte redacción:

As persoas integrantes das listas que estean a desempeñar un posto non vacante e atópense disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento e lles sexa ofertado un posto vacante como mellora, se non comparecen á citación non lles será consumida a opción de mellora.

As persoas interesadas deberán presentar, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa: a mesma que se esixe no anexo II da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº44, do 4 de marzo), para o permiso de parto e para o permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple.

En concreto:

  1. Suposto de parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nacemento.
  2. Adopción ou acollida preadoptiva, permanente ou simple: resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida, na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida.

Esta acordo amplía o adoptado con anterioridade na comisión do 13 de marzo de 2007, acta número 4, no que se acordaba incluír entre os casos nos que se apreciará a forza maior para os efectos de que non sexa de aplicación o artigo 15 do decreto 37/2006, os seguintes supostos:

  • CITACIÓNS POR MELLORA DE POSTO.

Será necesario presentar a seguinte documentación: parte de baixa ou certificado de ingreso hospitalario.

Efectos da reclamación en tempo e forma: estimaranse as reclamación que cumpran os requisitos sinalados.