OS TRES SINDICATOS MAIORITARIOS DA FUNCIÓN PÚBLICA ESIXENLLE AO MINISTRO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS A CONVOCATORIA DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
11 de Junio de 2014
CSI•F, UGT E CC.OO TRAZAN UNHA ESTRATEXIA CONXUNTA PARA CONSEGUIR A DEVOLUCIÓN DOS DEREITOS DOS EMPREGADOS PÚBLICOS.
Os sindicatos maioritarios de Función Pública, CCOO, UGT e CSI•F, remitímoslle o pasado día 10 de xuño unha carta ao ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, na que lle solicitamos a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas. Non é unha petición nova, posto que os sindicatos vimos solicitando esta reunión á Administración dende hai moitos meses, sen obter resposta. O Goberno obstínase en ignorar que a negociación colectiva é un instrumento ben consolidado na nosa democracia.
A interlocución social leva rota desde 2010, pese ás reiteradas peticións de negociación. Neste sentido, CSI•F, CCOO e UGT queremos por de manifesto que as últimas mesas, máis que un instrumento de debate e consenso, foron un mero trámite de carácter informativo para trasladar aos representantes dos traballadores e traballadoras feitos consumados que xa coñecíamos polos medios de comunicación.
Desde que comezou a crise, as e os empregados públicos sufriron de xeito directo axustes e reco
rtes brutais de dereitos. Reduciuse de xeito drástico o emprego poñendo en risco a prestación dos servizos públicos, reduciuse o seu salario acumulando con iso unha substancial perda de poder adquisitivo, incrementouse a xornada e deterioráronse seriamente as condicións laborais. Ademais, as chamadas “reformas estruturais” impactaron tamén de xeito decisivo no emprego e nas condicións laborais das persoas que traballan nas administracións públicas e, en xeral, no sector público.
Todo iso fíxose sen que en todo o período existira Diálogo Social algún coas organizacións representativas do conxunto de empregados e empregadas públicas, e sen que os instrumentos de negociación que establece o Estatuto Básico do Empregado Público tiveran un funcionamento regular.
Ante esta situación, UGT, CCOO e CSI•F pedímoslle á Administración que se convoque formalmente a Mesa Xeral das Administracións Públicas con, polo menos, a seguinte orde do día:
1) Perspectivas de creación de emprego que permita a prestación adecuada dos servizos públicos: criterios que deberá conter a norma orzamentaria en materia de emprego público para garantir o mantemento duns servizos públicos de calidade.
2) Recuperación do poder adquisitivo perdido nestes anos. Concreción da forma de recuperación íntegra no ano 2015 da paga extraordinaria de decembro de 2012 para o conxunto de persoas que non a percibiron.
3) Acordo sobre a recuperación dos días adicionais por vacacións e persoais por asuntos propios que establecía o EBEP con carácter previo a entrada en vigor do Real Decreto Lei 20/2012.
4) Acordo sobre o inicio inmediato de negociacións para establecer criterios mínimos para o conxunto das administracións públicas en materia de desenvolvemento do EBEP (carreira profesional, avaliación do desempeño, mobilidade interadministrativa, persoal directivo, etc.) que sirvan de orientación á negociación que debe desenvolverse en cada ámbito.
5) Recuperación do carácter de norma básica do EBEP, establecendo a súa regulación como norma mínima que poida ser libremente adaptado e/ou mellorado nos diferentes ámbitos de negociación.
6) Recuperación das canles e medios de negociación rotos durante estes anos, recuperando con iso o papel que establece o EBEP (mesas xerais, comisións negociadoras, ámbitos sectoriais, etc.) para os foros de negociación, facendo con iso do Diálogo Social o eixe da necesaria modernización e dignificación do emprego público.
CSI•F, 11 de xuño de 2014
Contido íntegro da carta aquí
			 

Ver Galería