CSI•F PRESENTOU MAIS DUN CENTO DE ALEGACIÓNS E CONSIDERACIÓNS AO ANTEPROXECTO DE LEI DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA.
08 de Mayo de 2013

CSI•F constituiu un equipo de traballo específico coa finalidade de presentar unha serie de propostas que permitise converter este anteproxecto de Lei do Emprego Público na Lei dos Empregados Públicos de Galicia, así como introducir todas aquelas achegas e aportacións facilitadas polos nosos delegados/as, afiliados/as, traballadores/as e colexios profesionais, entre outros colectivos.

Entre as alegacións e consideracións presentadas a este anteproxecto salientamos, entre outras de non menor importancia, as seguintes:
- A INCLUSIÓN DE CLÁUSULAS DE RECUPERACIÓN DO PODER ADQUISITIVO E REVISIÓN SALARIAL.
- A DERROGACIÓN DA LEI DE ORZAMENTOS DA CC.AA NO QUE ATINXE Á SUPRESIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO DAS PAGAS EXTRAORDINARIAS.
- A ELIMINACIÓN DA MOBILIDADE FORZOSA.
- A SOLICITUDE DUN PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN VOLUNTARIA PARA TODO O PERSOAL LABORAL
- A PETICIÓN ,COMO NOVIDADE, DUN PROCEDEMENTO DE MELLORA DE EMPREGO.
- O ESTABLECEMENTO DUN CAPÍTULO PROPIO PARA EMPREGADOS PÚBLICOS CON DISCAPACIDADE.
- ETC.

(Ver anteproxecto) (Ver alegacións CSIF)

Ver Galería