NOVAS SEMANAIS DO 11 AO 15 DE MARZO
20 de Noviembre de 2012

ESTADO DOS PROCESOS SELECTIVOS: Eleccións de destinos definitivos

PERSOAL LABORAL
GRUPO CATEGORÍA ESTADO PROCESO SELECTIVO
IV Legoeiro/a (Promoción interna e libre) Nomeamento coma persoal laboral fixo.

CADRO DE ELECCIÓN DE DESTINO DEFINITIVO

LABORAIS DENOMINACIÓN QUENDA DATA ELECCIÓN
Grupo Cat. PI AL Definitiva Prevista Hora
I 006 Psicólogo/a SI SI 21-03-13 - 12.00
II 002 ATS, enfermeiro/a SI SI 20-03-13 - 12.00
006 Educador, profesor especial SI SI 21-03-13 - 9.30
017 Asistente social SI SI 21-03-13 - 13.00
III 063 Oficial 1ª Condutor/a SI SI 20-03-13 - 9.30
IV 003 Auxiliar de clínica, aux. sanitario SI SI - 22-03-13 9.30
009 Oficial 2ª agrario SI SI - 22-03-13 11.30
016 Condutor/a SI SI 20-03-13 - 13.00
035 Auxiliar de arquivos e bibliotecas SI - 22-03-13 13.00


Enlace: http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp

CONVOCATORIAS DA EGAP

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA – DOG, 11 DE MARZO
Resolución do 6 de marzo de 2013 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración autonómica de Galicia.

Cursos de linguaxe administrativa galega
(30 prazas por curso)
MODALIDADE DE CURSOS
Teleformación Presencial
Linguaxe administrativa nivel medio 11 4
Linguaxe administrativa nivel superior 12 6

Destinatarios: empregados/as públicos/as desti­nados/as na Administración autonómica de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.
Prazo de presentación de solicitudes: comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 22 de marzo de 2013 ás 14.00 horas. O formulario de matrícula telemática está dispoñible na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula , non sendo admisibles outros modelos de solicitude
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130311/AnuncioO150-060313-0002_gl.pdf
Resolución do 6 de marzo de 2013 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Planformativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia

Convócanse 1.000 prazas (100 por acción) de acceso libre integradas no Plan formativo ofimático de Galicia nas accións formativas que a continuación se relacionan:

· Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice).
· Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office).
· Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice).
· Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office).
· Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice).
· Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office).
· Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (OpenOffice).
· Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office).
· Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux).
· Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows).
Destinatarios: Poderán participar nas probas convocadas por esta resolución os/as empregados/as públicos/as destinados/as na Administración autonómica de Galicia que están en si­tuación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral
Datas e lugar de realización das probas: As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días 15, 16, 17 e 18 de abril de 2013, das 9.00 ás 15.00 horas, e das 16.30 ás 20.30 horas.
Prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 22 de marzo de 2013 ás 14.00 horas. O persoal que desexe participar nas probas de avaliación libre dos cursos convoca­das nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemático na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130311/AnuncioO150-060313-0001_gl.pdf

OFERTAS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN – BOE, 15 DE MARZO
Resolución de 22 de febrero de 2013, referente a la convocatoria para proveer dos plazas de Técnico de Administración General, perteneciente a la escala de Administración General, subescala Técnica y clase Superior, mediante el sistema de oposición, en turno libre.
Plazo de presentación de solicitudes: 20 días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de esta resolución en el BOE.
Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/03/15/pdfs/BOE-A-2013-2847.pdf
CONCELLO DE MAÑÓN – BOP DA CORUÑA, 14 DE MARZO
Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal dun técnico deportivo para o ano 2013, prorrogable.
Requisitos: estar inscrito coma demandante de emprego e estar en posesión do título de técnico en actividades físicas e animación deportiva, de licenciado en educación física, ou maxisterio (especialidade de educación física),
Prazo para presentación de solicitudes: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/03/14/2013_0000002963.pdf
CONCELLO DO PORTO DO SON – BOP DA CORUÑA, 11 DE MARZO
Convocatoria e bases do proceso selectivo para cubrir interinamente unha praza de auxiliar administrativo do Departamento de Tesourería, encadrada na escala de administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, a través do procedemento de concurso-oposición libre.
Requisitos: posuír o título de bacharelato, formación profesional de segundo grao ou equivalente ou superior,
Prazo para presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.
Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/03/11/2013_0000002663.pdf
CONCELLO DE VIGO – BOP DE PONTEVEDRA, 13 DE MARZO
Bases reitoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos como Diplomados/as en Enfermería, mediante o sistema de selección de oposición libre.
Requisitos: Estar en posesión do título académico oficial de Grao ou Diplomatura en Enfermería.
Prazo para presentación de solicitudes: 10 días naturais 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Pontevedra.
Enlace: http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130313.051.pdf

CURSOS NA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

Curso de transportes.
Convocatoria: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130312/AnuncioO3C2-040313-0003_gl.pdf

COMISIÓN DE PERSOAL – SESIÓN ORDINARIA, 12 de marzo de 2013

Punto 1: Proxecto de modificación do artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
CSI•F solicitou que os prazos de toma de posesión dos novos destinos estivesen vinculados á residencia do traballador/a independentemente da localidade por entender que o prazo posesorio ten como finalidade o dispor dun tempo óptimo e axeitado para adaptar as situacións persoais e familiares ás novas circunstancias derivadas precisamente dun cambio de residencia. Así mesmo, solicitamos que en canto aos prazos, se mantivesen os 3 días hábiles para o caso de non existir cambio de residencia e 20 días hábiles para o caso de cambio de residencia. Por tal motivo, e dado que só se aceptou unha das premisas solicitadas por CSI•F, esta central sindical abstívose, quedando aprobada esta proposta co voto en contra das restantes OO.SS.
Punto 2: Proxecto de Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas.
CSI•F presentou por escrito, en maio de 2012 e febreiro de 2013, múltiples e variadas propostas de mellora e alegacións a esta proposta de instrucións, aceptándose varias delas (por exemplo a consideración do día 24 e 31 de decembro como días non laborais) e rexeitando outras (por exemplo a introdución dunha nova definición de días hábiles, nos que se considerase que os días hábiles fosen os días efectivos de prestación de servizos).
Non obstante, e en canto a dúas das alegacións concretas presentadas por CSI•F, o D.X da Función Pública matiza o seguinte: (Ambas quedan incorporadas á acta)
CSI•F solicitara que se especificase no ámbito de aplicación se estas instrucións eran ou non eran de aplicación ao persoal laboral da Xunta de Galicia; O D.X da Función Pública informa que ESTAS INSTRUCCIÓNS NON SON DE APLICACIÓN AO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA. CSI•F solicitara con respecto ao permiso por lactancia, que se incluíse un novo apartado onde se recollese o permiso por lactancia do pai traballador para os casos nos que a nai non teña dereito de conformidade coa Directiva Comunitaria 2010/18/CE de 8 de marzo. Tal casuística xa foi formulada por esta central sindical noutra AA.PP sendo recoñecido tal dereito e na actualidade está pendente de resolución polo Ministerio de Facenda. Porén, o D.X da Función Pública comunica que ESTE PERMISO POR LACTANCIA DO PAI TRABALLADOR PARA OS CASOS NOS QUE A NAI NON TEÑA DEREITO ESTÁ SUPEDITADO Á RESOLUCIÓN QUE ADOPTE A ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO.
Apróbase esta proposta de instrucións coa abstención de todas as OO.SS.

Para ver o texto das instrución sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, xa está colgado na web da DX da Función Pública:http://funcionpublica.xunta.es/tmp/instruc_var_per_lic_%202013_b.pdf

Punto 3: Rogos e preguntas. Varios.
Función Pública informa sobre os seguintes asuntos:
- Procesos selectivos pendentes: Comunica que está pendente de fixar a planificación e calendario dos procesos pendentes e que espera neste mes poder informar.
- Concurso Administración Especial: Vai proceder á publicación do listado de admitidos e excluídos.
- Concurso de Axentes de Extensión Pesqueira e do Servizo de Gardacostas: Prevén publicar a puntuación provisional despois de semana santa.
- Elección de Destino definitivo persoal laboral en provisional e Toma de posesión do persoal do Concurso de Traslados: Prevén a toma de posesión en Abril para ambos casos.
- Concurso de informáticos: Prevén remitir o buzón de postos deste concurso nos próximos días para a presentación de alegacións.
- Toma posesión de legoeiros e do grupo A1: Vanse publicar as toma de posesión Grupo A2: Producíronse 2 renuncias polo que se chamarán as 2 persoas seguintes en función da prelación obtida no proceso selectivo.
- Laboratorios de Saúde Pública: Dada a falla de información e transparencia que existe na nova configuración dos laboratorios de saúde pública e a petición das OO.SS, o D.X da Función Pública informa que unha vez que se reúna coa D.X do Sergas informará do que se pretende facer respecto deste asunto.

OUTRAS NEWS

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE - BOE, 9 DE MARZO
Resolución de 27 de febrero de 2013, de la Secretaría de Estado de Cultura, por la que se convoca concurso específico en la Gerencia de Infraestructuras y Equipamientos de los subgrupos A1, A2, C1 y C2.
Plazo presentación solicitudes: quince días hábiles contados a partir del siguiente al de la publicación de la presente convocatoria en el BOE.
Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/03/09/pdfs/BOE-A-2013-2621.pdf
CONSELLERÍA DE FACENDA – DOG, 15 DE MARZO
Orde do 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013.
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioCA01-130313-0010_gl.pdf

Ver Galería