ACCIÓN SOCIAL PARA DISCAPACITADOS
21 de Mayo de 2012
Resolución do 11 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a
publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2011 relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas.
1. Poderá solicitar as axudas do fondo de acción social o seguinte persoal:
– Funcionario de carreira.
– Funcionario interino que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo.
– Laboral fixo.
– Laboral temporal que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo e laboral
declarado indefinido non fixo.
2. Solicitudes e documentación.
2.1. Deberán completar en liña a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, atoparán na páxina web: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm
Posteriormente, presentarán esa mesma solicitude
impresa debidamente asinada, perante as correspondentes unidades de persoal.
2.2. Os/as solicitantes deben xuntar á petición, ademais dos documentos acreditativos da renda per
cápita, aqueles que se exixen para a axuda para a atención de discapacitados e xustificar mediante
certificación os feitos que se aleguen.
2.3. O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas será de 15 días hábiles contados desde o día da publicación no DOG, e de ser o último día do prazo de presentación un sábado, este prorrogarase ata o seguinte día hábil