AVISO PARA O PROFESORADO PARTICIPANTE NOS CONCURSOS DE TRASLADOS.
20 de Enero de 2012

Con respecto ao baremo dos concursos de traslados infórmase que estamos en proceso de validación das solicitudes dos concursantes, polo que só poden ver o seu baremo aqueles participantes que xa teñan baremada a súa solicitude. A medida que sexan baremada as instancias, poderán verse na aplicación do concurso.
Polo que respecta a puntuación do apartado 6 do concurso, as puntuacións que se poden ver son as que obtivo no pasado concurso, no caso de participar, pois aínda non están baremados os datos deste concurso.
Aqueles participantes que non estean de acordo co baremo deberán usar o modelo que aparece na aplicación do concurso na dirección www.edu.xunta.es/cxt , opción de menú: participación, na columna "Prazo reclamación baremo provisional", debendo cumprimentar e imprimir o modelo e remitilo ao servizo correspondente.
Aqueles participantes que renunciaron ao baremo, por telo marcado na instancia de participación, aínda que vexan dito baremo, este non será tido en conta na adxudicación de destinos, agás a puntuación que corresponda polo punto 1.1.2 e 1.2.1 do baremo que se publica como anexo XIV da orde de convocatoria.
No seu momento informarase do remate do proceso de validación das solicitudes dos concursos.