CURSOS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4
17 de Enero de 2012

Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuito, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012
Destinatarios:
a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua gale­ga e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos (nome, apelidos e número de DNI/pasaporte).
Prazo para impartir os cursos.
Os cursos que se organicen e impartan ao abeiro desta convocatoria deberán estar finalizados antes do 31 de maio de 2012.
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as per­soas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en xuño de 2012, logo de convocatoria publicada no DOG.
O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012.
As persoas interesadas en asistir aos cursos programados directamente presentarán a súa solicitude de acordo co modelo que figura como anexo I (solicitudes individuais), mentres que os colectivos, entidades e/ou asociacións que estean interesadas en organi­zar cursos farán a solicitude, de acordo co modelo que figura como anexo II (solicitudes colectivos).
Prazo de presentación de solicitudes para todos os cursos regulados nesta orde será o 30 de xaneiro de 2012.