Actividades formativas da EGAP 2021 (Maio)
Convocatoria extraordinaria de actividades de formación continua.
11 de Mayo de 2021

Convocatoria de actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico,

Persoas destinatarias: O persoal funcionario e o persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e da Administración institucional.



Matrícula: desde as 8 horas do 12 de maio ata as 23.55 horas do 20 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.