Actividades formativas da EGAP 2021 (Marzo)
Programa de autoformación da EGAP para o ano 2021
Curso de PRL para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero.
Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos.
Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
09 de Marzo de 2021

Programa de AUTOFORMACIÓN da EGAP para o ano 2021

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entres públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Admnistración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do SUG

ACCESO AOS CONTIDOS

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día 26 de abril e ata o 20 de decembro de 2021, agás para os contidos sobre aplicacións informáticas de bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos e presentacións gráficas de Microsoft Office 2019 e os de uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo e de tratamento de textos de LibreOffice Writer, que estarán dispoñibles a partir do 24 de maio de 2021.

Prazos de matrícula

Prazo de matrícula para o acceso aos contidos: a partir do 26 de marzo e ata o 20 de decembro.

Solicitudes de participación nas probas

1. O prazo de matrícula para solicitar as probas de avaliación: entre o 26 de marzo e o 10 de maio, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información

Curso de PRL para o persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

PERSOAS DESTINATARIAS

O persoal que presta servizos no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

PRESENTACIÓN SOCLICITUDES

Desde as 8 horas do 19 de marzo ata as 14.00 horas do 29 de marzo. https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información

Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

PERSOAS DESTINATARIAS

O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres universidades do SUG.

PRAZO PRESENTACIÓN SOCLICITUDES

Desde as 8 horas do 9 de marzo ata as 23.55 horas do 23 de marzo. https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información

Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas destinatarias: Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo

PRAZO PRESENTACIÓN SOCLICITUDES

Dende as 8 horas do 3 de marzo ata as 23.55 horas do 17 de marzo. https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información

Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

PRAZO PRESENTACIÓN SOCLICITUDES

Empregados/as públicos/as do sector público autonómico de Galicia con responsabilidades en materia de contratación pública, entidades locais, universidades do sistema universitario de Galicia e administración instrumental galega, que se encontren en situación de servizo activo

PRAZO MATRÍCULA

Desde as 8 horas do 2 de marzo ata as 23.55 horas do 15 de marzo

https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información