Actividades formativas da EGAP 2021
Na seguinte relación saen as publicacións de distintas convocatorias de actividades para o ano 2021 de formación continua para o persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector autonómico e da Administración institucional, do persoal da Administración de Xustiza, para o persoal da Administración local así como do persoal de administración e servizos das Universidades galegas.

Para inscribirse nas actividades deberán de facelo no seguinte enlace: https://egap.xunta.gal/matricula

Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades de FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IDIOMAS para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). (DOG, 1 de febreiro)

DESTINATARIOS:

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (…)

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

10 días. Dende as 8:00 hrs. do 2 de febreiro ata as 23:55 do 15 de febreiro.

Resolución do 22 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o PLAN FORMATIVO OFIMÁTICO de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). (DOG, 25 de xaneiro)

DESTINATARIOS:

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (…)

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

10 días. Dende as 8:00 hrs. do 26 de xaneiro ata as 23:55 do 8 de febreiro.

Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se publica o PLAN DE FORMACIÓN PARA O ANO 2021. (DOG, 11 de xaneiro)

PLAN MODULAR:

– Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

– Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios.

– Comunicación, organización de traballo e mellora das habilidades.

– Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa.

– Plan de igualdade.

– Lingua galega.

– Portal de idiomas.

– Plan formativo ofimático de Galicia.