CURSOS EGAP 2015
24 de Abril de 2015
No DOG do pasado mércores, día 22 de abril, publicouse unha convocatoria de cursos por parte da EGAP para os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (Finaliza o 2 de Maio as 14,00 horas).
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Seguir enlace AQUÍ
Ver Galería