BOLSAS DE FORMACIÓN
17 de Enero de 2012

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de doce bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento
Destino das bolsas: a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, as oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (OTC) ou algunha organización internacional multilateral, nalgún dos países onde desenvolven os seus proxectos
Duración das bolsas: as actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2012 e 2013 cunha duración máxima de doce meses, entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013.
Contía: o importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan no exterior e 1.000 € brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan na sede da di­rección xeral.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Eu­ropea.
b) Ter veciñanza administrativa en Galicia.
c) Ter nado o 1 de xaneiro de 1980 ou con posterioridade a esa data.
d) Estar en posesión de título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equi­valente.
e) Non ser ou ter sido beneficiario dunha bolsa de formación no eido da cooperación internacional para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.
Formularios da solicitude: https://sede.xunta.es/portada
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE a través do teléfono 981 541 021; do fax 881 999 029 ou do correo electrónico cooperacion.exterior@xunta.es
Prazode presentación da solicitude e da documentación: un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
Bolsas e contratos do Programa “Salvador Madariaga” no Instituto Universitario Europeo de Florencia
Orden EDU/3600/2011, de 21 de decembro, pola que se convocan axudas para bolsas e contratos do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo de Florencia, no marco do estatuto del persoal investigador en formación do Programa Nacional de Formación de Recursos Humanos de Investigación, do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.
Obxecto:facilitar a formación de doutores/as nas áreas de ciencias humanas e sociais, historia, dereito, economía e ciencias políticas e sociais.
Beneficiarios:máximo de 16 axudas para bolsas e contratos.
Areas científicasobxecto dos proxectos para realizar no Instituto Universitario Europeo:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). A Historia das ideas e a historia da ciencia. Estado, economía e réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.
Requisitosdas persoas solicitantes:
a) Ter nacionalidade española e doutro país da Unión Europea.
b) Titulación de licenciatura ou de máster ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, políticosociolóxicas ou de humanidades, para a realización do doutoramento nos ditos campos.
Tamén poderán presentar a solicitude estudantes das materias sinaladas que se atopen no seu último ano de licenciatura ou de máster ou lle falten por cursar un máximo de créditos equivalentes a un curso académico e que, en todo caso, deberán ter rematado e acreditar que posúen o título con anterioridade ao día 10 de xullo de 2012.
c) Ter finalizados os estudos aos que se refire o parágrafo anterior con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 e ser menor de 35 anos no momento de se incorporar ao Instituto.
d) Que non se fora beneficiario/a dunha bolsa de formación de persoal investigador concedida por algunha Administración pública española de máis dun ano de duración.
e) Ter dominio de, polo menos, dúas linguas oficiais da Unión Europea, con preferencia do inglés e/ou francés.
* Non poderá participar na convocatoria quen xa posúa o título de doutor/doutora.
Prazode presentación de solicitudes para novas axudas será do 10 ao 31 de xaneirode 2012.