INTEGRACIÓN DE PROFESORADO FUNCIONARIO DE CARREIRA DO PTFP A PES

  • Otros artículos

26 de enero de 2023

Procedemento, aberto ata o 19 de xaneiro de 2026

ORDE do 17 de xaneiro de 2023 pola que se realiza unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A).

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica a disposición adicional sétima da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e declara a extinguir o corpo de profesores técnicos de formación profesional.

A  orde ten por obxecto convocar un procedemento, aberto ata o 19 de xaneiro de 2026, para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas, poida integrarse no corpo de profesores de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro.   Sede electrónica co código ED021A.

Requisitos e condicións
Para poder participar na presente convocatoria pública de integración no corpo de profesores
de ensino secundario deberán reunirse e acreditarse, na data en que se formule a
solicitude, os seguintes requisitos e condicións:
1. Ser persoal funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de
formación profesional.
2. Ser titular da especialidade en que se solicita a integración.
3. Ter destino definitivo ou encontrarse en expectativa de destino na Comunidade Autónoma
de Galicia.
4. Estar en situación de servizo activo ou na situación de servizos especiais, excedencia
por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero e excedencia por
razón de violencia terrorista, sempre que tivese o seu último destino en servizo activo na
Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Posuír unha das seguintes titulacións: grao, doutoramento, licenciatura, enxeñaría,
arquitectura ou equivalente para os efectos de acceso á función pública docente, diplomatura
universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR