LISTAS DE INTERINOS E SUBSTITUTOS: ADMITIDOS EXCLUÍDOS CORPO DE MESTRES

  • Otros artículos

19 de enero de 2023

-Algunhas especialidades de corpo de mestres

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres

 

 

Resolución do 17 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ás especialidades de Lingua estranxeira inglés (597032), Lingua estranxeira francés (597033), Educación física (597034), Música (597035), Pedagoxía terapéutica (597036) e Audición e linguaxe (597037) do corpo de mestres.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal),  do seguinte xeito:

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. 

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR