APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR HABILITACIÓNS PARA A DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS

  • Otros artículos

10 de enero de 2023

INFORMACIÓN XERAL DO PROCEDEMENTO DE HABILITACIÓN:

Acceda á normativa de habilitacións na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/habilitacions (última actualización 20/05/2022)

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: a aplicación informática para a solicitude de habilitación estará dispoñible do día 10  ao 31 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.

  • De acordo co artigo 12.1 da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do 12 de agosto, as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/habilitacions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR