CONCURSO OPOSICIÓN 2023 - DISPOSICIÓN TRANSITORIA AO ACORDO DE PERSOAL INTERINO/SUBSTITUTO

  • Otros artículos

10 de enero de 2023

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-Ensino e UGT-SP Ensino polo que se engade unha disposición transitoria quinta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

O 20 de decembro de 2022 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais CSIF-Ensino , ANPE, CC.OO.e UGT-SP Ensino acordaron engadir unha disposición transitoria quinta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 sobre o acceso á función pública docente en calidade de persoal interino e substituto.

Con base no disposto polo artigo 38 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procede ordenar a publicación da citada modificación no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o anterior,

ACORDO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-Ensino e UGT-SP Ensino polo que se engade unha disposición transitoria quinta ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, como anexo a esta resolución.

 

Disposición transitoria: ao tratarse dun procedemento excepcional e por unha soa vez, o persoal participante no concurso-oposición non accederá ás listas de interinidades e substitucións.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR