1D- Eleccións Sindicais. CSIF Ensino é garante de que as túas condicións laborais non sexan devaluadas.

  • Otros artículos

18 de noviembre de 2022

-Queremos seguir traballando por ti, contigo, para a recuperación do poder adquisitivo e melloras no acceso á xubilación
-Velaí algunhas das propostas do noso programa relativas ás Condicións Laborais

 

 

CSIF foi o único sindicato que saiu á rúa nunha manifestación multitudinaria o pasado 27 de setembro para defender os salarios dos/as  empregados públicos ante a situación de crise e empobrecemento que vive o país.

Grazas ao noso pulso, o goberno viuse obrigado a iniciar a negociación salarial, mais o acordo finalmente pactado cos sindicatos de clase UGT e CCOO foi absolutamente insuficiente.

A recuperación do poder adquisitivo máis o do 100% das pagas extras, así como melloras no sistema de xubilación, figuran entre as medidas do programa que vos achegamos na pílula de hoxe sobre "Condicións Laborais".

Coñece íntegras as nosas propostas no documento que se achega e o próximo 1 de decembro dános a túa confianza para poder seguir construíndo xuntos o modelo de ensino público de calidade que queremos, que merecemos e que precisa dunhas condicións salariais e laborais dignas dos/as nosos docentes.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR