1 de Decembro - Eleccións Sindicais- Vota CSIF

  • Otros artículos

16 de noviembre de 2022

O próximo 1 de decembro os/as docentes galegos estamos chamados ás urnas para escoller os nosos/as representantes. O teu voto será determinante para definir qué modelo de ensino queres. O ensino público, e só o público é o sinal de identidade de CSIF.

A nosa indepedencia e profesionalidade aporta un plus ao noso proxecto e ás nosas actuacións, nunha loita polas vosas condicións laborais e salariais sen ambigüidades. Reivindicamos unha escola públicagratuitafeministainclusiva e de calidade, referente nunha sociedade próspera e xeradora de equidade e benestar.

Votar é un dereito irrenunciable. Nestas eleccións estades convocados/as máis de 33.000 docentes, dos vosos votos dependerá que teñamos máis forza para poder defender o modelo público de ensino polo que apostamos e que levamos no programa electoral (arquivo anexo)

Todos os procesos electorais son importantes, mais este ano -cecais- cobra especial relevancia a participación activa de todos e todas debido aos tempos duros que a comunidade educativa vén de sufrir coa pandemia e que segue sufrindo cos numerorsos recortes aplicados pola Conselleria, a merma nas condicións salariais e laborais e as continuas modificacións lexislativas.

Dende CSIF, estamos orgullosos de ter contribuído durante esta etapa a dignificar o labor docente, fundamental neste novo tempo. Agardamos contar coa vosa confianza para poder construír entre todos e todas o modelo de escola pública ao que, seguro, todos aspiramos e que será máis rico e diverso cantas máis voces nos sumemos a esta tarefa.

"Orgullosos de ser docentes" do ensino público. Pedímosche o voto o próximo día 1 de decembro!

*Achegamos os seguintes documentos:

-Programa electoral íntegro

-Programa electoral reducido

-Información sobre o voto por correo

-Cartaz Pílula Programática 1: Ensino Público 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR