APERTURA DE LISTAS PARA LISTAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS NA ESPECIALIDADE DE ÁRABE DO CORPO DE PROFESORES DE EOI

  • Otros artículos

6 de abril de 2022

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002)

 

 

Resolución do 6 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002). (código de procedemento ED003A)

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 7 de abril ata o mércores día 13 de abril de 2022, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 7 de abril de 2022.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

A súa solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste.

 

RESOLUCIÓN 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR