LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS, EXCLUÍDAS E BAREMO DE CONSTRUCIÓNS CIVÍS E EDIFICACIÓNS DO CORPO DE PES
23 de Diciembre de 2021

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de construcións civís e edificacións do corpo de profesores de ensino secundario

Resolución do 23 de decembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de construcións civís e edificacións do corpo de profesores de ensino secundario (590104).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.