CENTROS ADHERIDOS ÁS INICIATIVAS "VOLUNTARIADO DE LECTURA-A" (PRIMARIA) E "VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR" (SECUNDARIA).
16 de Diciembre de 2021

Centros adheridos ás iniciativas "Voluntariado de lectura-A" (primaria) e "Voluntariado na Biblioteca Escolar" (secundaria), do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Curso 2021/22

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fixo pública con data 15 de novembro de 2021 a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2021/22, unha iniciativa que se leva a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Fanse públicas as relacións de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas neste programa:

  • Voluntariado de lectura-A, destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria. Adhírense un total de 68 centros públicos.

  • Voluntariado na Biblioteca Escolar, destinada a alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de rexime especial. Adhírense un total de 105 centros.