CSIF ENSINO INFORMA OPOSICIÓNS GALICIA 2022. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

  • Otros artículos

4 de mayo de 2022

 

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro)

 

 

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), corrección de erros, DOG n.º 59, do 25 de marzo) (código de procedemento ED001A).

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, utilizando o código de procedemento ED001A/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

No caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR