Nota informativa sobre o desenvolvemento do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e EOI
21 de Julio de 2021

Nota informativa sobre o desenvolvemento do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas

Con relación ao desenvolvemento do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocado mediante a Orde do 4 de xuño de 2020 (DOG n.º122, 22 de xuño), cómpre comunicar, a efectos informativos, que o 1 de setembro de 2021 está previsto realizar as seguintes publicacións:

- Publicación no portal web http://www.edu.xunta.gal das puntuacións provisorias de conformidade coa base 7.3 da citade orde.

- Publicación no Diario Oficial de Galicia da composición dos tribunais cualificadores que xulgarán o procedemento selectivo de conformidade coa base 5.1 da citade orde.

TODA A INFORMACIÓN NA LIGAZÓN