CXT. RETIRADA DE PUBLICACIÓNS: NOVO PRAZO
19 de Julio de 2021

Apertura dun novo prazo para a retirada das publicacións presentadas polo persoal participante nos concursos de traslados convocados para o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (cursos 2019/2020 e 2020/2021). Inclúense, de ser o caso, os concursos específicos: orientación e adultos.

O persoal interesado deberá solicitar cita previa cun mínimo de 2 días de antelación a data na que se pretende retirar a documentación, enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: cxt.publicacions@edu.xunta.es .

No correo que se envíe deberase indicar: *Corpo polo que participou, DNI, apelidos e nome, teléfono móbil e a data na que quere retirar a documentación.

No caso de que non sexa posible adxudicar a cita na data solicitada, enviarase un correo á persoa solicitante para que seleccione unha nova data entre as dispoñibles.

O prazo para retirar as publicacións será dende o día 20 de xullo ata o 30 de xullo de 2021, (ambos os dous incluídos), en horario de 10.00 a 13.00 horas

A recollida realizarase na Oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781-Santiago de Compostela.