CSIF ENSINO INFORMA: RESTRINXIR ZONA PARA SUBSTITUCIÓNS

  • Otros artículos

19 de julio de 2021

Prazo aberto para realizar as solicitudes para prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos

Apertura do prazo para realizar as solicitudes para prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

A opción debe formularse na páxina http://www.edu.xunta.gal/substitutos e a solicitude, xunto coa documentación xustificativa, deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

PRAZOdesde o día 16 de xullo ata o 17 de agosto de 2021, ambos incluídos.

No caso de solicitude para prestar servizos en determinados concellos, é obrigatorio incluír na petición concellos nos que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente.

Calquera destas opcións será por todo o curso académico.

 

PODES CONSULTAR O NOSO CSIF INFORMA EN ANEXO

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR