Premios educativos Innovagal
22 de Junio de 2021

Convocados os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2021/22

Resolución do 16 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2021/22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca por segundo ano consecutivo os premios educativos Innovagal co obxectivo de premiar a aqueles centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa ao desenvolver enfoques didácticos e/ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural pero tamén en función dos cambios que, a nivel global, se están a experimentar na sociedade.

Modalidades e destinatarios:

  • Modalidade centro: dirixida a centros docentes públicos dependentes desta consellería que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
  • Modalidade docente: dirixida ao persoal docente funcionario de carreira que imparte ensinanzas en centros docentes públicos que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.

Categorías:

  • Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
  • Categoría B: centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.

Premios e recoñecementos:

  • Na modalidade centro outorgaranse tres premios cos seguintes importes: 10.000 euros para o 1º premio, 6.000 euros para o 2º premio, 3.000 euros para o 3º premio. Os centros premiados nesta convocatoria recibirán ademais o distintivo de “Centro educativo Innovagal”.
  • Na modalidade docente outorgaranse oito premios dotados con 3.000 euros cada un e o profesorado premiado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 5 de outubro de 2021

RESOLUCIÓN

TODA A INFORMACIÓN