Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021
18 de Junio de 2021

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2020/21.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

CONVOCATORIA