CALENDARIO ESCOLAR 2021/22

  • Otros artículos

4 de junio de 2021

 

 

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Actividades lectivas

-Educación primaria . educación infantil e educación especial,  realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive

 

Educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive. 

Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en adiante, ABAU). Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

 

 

 

 

- Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

 

 

 

 

 Vacacións escolares: 

 

 

 

 

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

 

 

 

 

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

 

 

 

 

Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

 

 

 

 

Día do Ensino coa consideración de non lectivo celebrarase o 11 de outubro de 2021.

 

ORDE CALENDARIO ESCOLAR DOG

 

 

 

 

 

COMPARTIR