CELGA. Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4,
04 de Mayo de 2021

DATAS REALIZACIÓN DE PROBAS PARA OBTENCIÓN DO CELGA 1,2,3 E 4

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código de procedemento PL500C)

DATAS E LUGARES:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

22 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F.

23 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O.

29 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

30 de maio de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

5 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.

6 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

12 de xuño de 2021, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e aula correspondentes.

PREME AQUÍ PARA VER O DOG