Información sobre a vacinación do profesorado galego.

  • Otros artículos

27 de abril de 2021

REUNIÓN VACINACIÓN 27 ABRIL 

CSIF ENSINO e outras organizacións sindicais veñen de reunirse coa Consellería de Educación e a Dirección Xeral de Saúde Pública; nesta xuntanza, comunícasenos que se está a vacinar en función dos tipos de vacinas e das doses dispoñibles  por grupos de idade, tendo en conta que o colectivo de maiores de 80, está practicamente vacinado.

As vacinas que se administrarán son as seguintes:

  • Entre 70-79 anos, Pfizer, Moderna ou Janssen.
  • Entre 60-69 anos, Astrazeneca ou Janssen.

 

Os docentes de máis de 60 anos serían chamados en función da súa idade.

 

Cando se remate a vacinación dos maiores de 60 anos, e segundo a Estratexia de Vacinación fronte ao Covid 19 en España, continuarase cos colectivos esenciais, entre os que se atopan os docentes, aínda que non se pode precisar unha data de inicio.

Outro tema que se tratou na reunión foi o que acontecerá coas persoas que só teñen administrada unha dose de Astrazeneca, ante o que hai tres posibilidades:

1. Non administrar unha segunda dose.

2. Administrar unha segunda dose de Astrazeneca.

3. Administrar unha segunda dose de Pfizer.

 

A nivel europeo, A EMA xa se pronunciou sobre a conveniencia de vacinar cunha segunda dose de Astrazeneca; en España, o Ministerio de Sanidade xunto coas CCAA tomarán unha decisión proximamente.

 

Por último, indicóusenos que en Galicia estase a traballar na expedición dun certificado dixital de vacinación que expediría o SERGAS, do que se terá máis información cando se concreten as canles para ser expedido.

 

CSIF ENSINO segue a reclamar que se vacine a toda a comunidade educativa á maior brevidade posible xa que aínda son moitas as incidencias e o persoal pendente de vacinar, persoal incorporado tras IT, nova incorporación…

COMPARTIR