CSIF ENSINO INSTA AO CONSELLEIRO A ESTABLECER UN PERMISO COVID PARA DOCENTES
08 de Febrero de 2021

CSIF ENSINO rexistrou un escrito dirixido ao Conselleiro de Educación, pedindo un permiso covid para docentes.

É unha reclamación que vimos facendo dende o inicio de curso. A Administración non preveu un problema que provoca que os docentes se atopen indefensos e nun claro baleiro legal.

Cando dende Sanidade se establece un confinamento preventivo á espera de resultados, ou un confinamento dun menor/dependente, aos docentes, que son titores legais do menor; preséntaselles un problema, xa que teñen un claro "baleiro legal" por ser unha situación non axustada a unha baixa médica convencional. Os docentes continúan indefensos e sen saber que facer.

Dende CSIF ENSINO expomos unha solución: Que nos casos de confinamento ditado por Saúde Pública, se emita un certificado cos días que o menor debe permanecer confinado. Este documento servirá como permiso para o docente que ten o menor ao seu cargo e que ten que coidalo.

A Administración educativa debería prever un problema moi claro: atoparnos con docentes que podían verse afectados polo Covid-19, xa non só polo seu centro, senón máis ben por se algún dos seus fillos estivese confinado. CSIF ENSINO xa o advertiu e pediu este permiso ó inicio de curso.

Neste sentido, urxe unha resposta coa maior axilidade posible por parte da Consellería regulando un permiso covid para docentes que permita a estes proxenitores xestionar a situación comentada, de tal maneira que poidan permanecer en corentena co seu fillo/a menor de idade. Non pode pasar nin un minuto máis sen un permiso deste tipo para facer fronte a estas situacións de forma rápida e con seguridade.

CSIF POR TI, CONTIGO

XUSTIFICANTE DA PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DO PERMISO COVID PARA DOCENTES
Ver Galería
Ficheros Adjuntos: